Nova Tenda Online para Nutralactis

Creación de Tenda Online para Nutralactis

Nutralactis é unha tenda online para a venda de probióticos e complementos alimenticios destinados a mellorar as defensas das persoas durante todo o seu ciclo vital. Nutralactis é unha marca rexistrada, creada pola empresa de biotecnoloxía Bialactis, cuxo obxectivo é o de crear ingredientes funcionais que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas.

Bialactis confiou en Karakana Factoría TIC para o desenvolvemento desta tenda online, apostando pola creación dunha tenda online onde o deseño e a imaxe gráfica teñen unha gran importancia. Este deseño totamente personalizado e no que se coidan até os máis pequenos detalles permite que a tenda online de Nutralactis se diferencie completamente da súa competencia, permitíndolle destacar dentro do seu sector. Esta imaxe moderna e adecuada ao público obxectivo ao que van destinados os seus produtos vai unida a unha usabilidade e unha experiencia de usuario impecables, que permiten que os usuarios poidan obter máis información sobre os probióticos, así como adquirir os produtos da gama ofrecida por Nutralactis de forma rápida e sinxela.

O desenvolvemento da tenda online Nutralactis está baseado en Drupal Commerce, un dos frameworks para o desenvolvemento de tendas online e aplicacións de comercio electrónico máis potentes e flexibles que existen na actualidade. Este framework foi totalmente personalizado para adaptalo ás necesidades específicas da tenda online de Nutralactis. O framework Drupal Commerce está á súa vez baseado no CMS Drupal, un dos mellores Sistemas de Xestión de Contidos, que foi utilizado para desenvolver algúns dos sitios web máis importantes do mundo.

Entre a gran cantidade de funcionalidades e personalizacións levadas a cabo durante o desenvolvemento da tenda online de Nutralactis, cabe destacar:

  • Integración coas pasarelas de pago Paypal e Redsys.
  • Integración dun sistema de cupóns potente e flexible que permite a creación de cupóns de desconto para a promoción en redes sociais e outras accións de marketing online.
  • Personalización do proceso de compra, para permitir tanto a compra anónima como a compra para usuarios previamente rexistrados.
  • Integración co sistema de loxística proporcionado pola empresa de transportes MRW, permitindo a xestión automatizada dos envíos derivados das compras realizadas na tenda online.
  • A xestión diaria da tenda online (stock, xestión de prezos, xestión de pedidos, xestión de gastos de envío, etc.) así como a xestión de todos os contidos da mesma (blog, xestión de comentarios, contidos das diferentes páxinas, etc.) pode ser realizada de forma sinxela polo persoal de Nutralactis a través dunha interfaz de administración personalizada.

Durante o desenvolvemento desta tenda online aplicáronse técnicas avanzadas de posicionamento en buscadores (SEO) que permitirán que esta tenda electrónica se situe nas primeiras posicións das páxinas de resultados dos principais buscadores de internet.

En breve incorporaranse novas funcionalidades á tenda electrónica de Nutralactis, entre as que podemos destacar:

  • Internacionalización: tradución de todos os contidos da tenda aos idiomas galego e portugués, e configuración da tenda online para permitir a venda de probióticos a Portugal.

Se desexas obter máis información sobre os probióticos ou desexas ver esta nova tenda online desenvolvida por Karakana Factoría TIC en funcionamento, podes facelo pulsando sobre a seguinte ligazón: Nutralactis - Probióticos para a vida

 


Entradas Relacionadas: