Novo sitio web de Bialactis

Diseño web Bialactis (captura)

A empresa de biotecnoloxía Bialactis Biotech confiou en Karakana o deseño web do seu novo sitio.

Bialactis é unha empresa galega de base tecnolóxica dedicada á investigación, o desenvolvemento e a comercialización de ingredientes funcionais, especialmente probióticos.

O equipo de desenvolvemento web de Karakana creou o novo sitio de Bialactis priorizando a experiencia visual do usuario, mediante un deseño web no que os protagonistas son a imaxe e un orixinal sistema de navegación que simula un pase de diapositivas.

O novo sitio web de Bialactis pódese visitar en español, galego e inglés en www.bialactis.com, e nel pódese encontrar información sobre a organización, e os produtos e servizos que ofrece, así como unha sección de enlaces e un formulario de contacto.