O Comercio Electrónico en Cifras
Na entrada anterior deste blog realizamos unha breve introdución ao comercio electrónico e describimos os principais tipos de comercio electrónico existentes. Co fin de mostrar a crecente importancia que está a adquirir o Comercio Electrónico, móstranse a continuación algunhas cifras representativas do uso do comercio electrónico B2C en España:
- A porcentaxe de usuarios de internet españois que realizou algunha compra a través de internet durante 2010 é do 43,1%. Isto supón que 11 millóns de españois realizaron algunha compra a través de internet durante 2010, un 6% máis que o ano anterior.
- O gasto medio anual destes usuarios en compras realizadas a través de internet durante 2010 é de 831 euros. O incremento do gasto medio anual destes usuarios respecto ao ano 2009 é do 10,9%.
- O volume de negocio correspondente ao comercio electrónico B2C en España durante o ano 2010 é de 9114 millóns de euros. Este volume de negocio experimentou un crecemento do 17,4% respecto ao ano 2009.
- O 73,7% dos usuarios que realizan compras en España a través de internet utilizan os buscadores de internet para chegar até o sitio web de comercio electrónico no que realizan as súas compras. Isto demostra a enorme importancia do posicionamento en buscadores de internet.
- En 2010, o 64,7% dos usuarios que en España realizan compras a través de internet prefiren pagar utilizando un cartón de crédito ou débito, mentres que o 13,6% prefire o pago contra reembolso.
- O número medio de adquisicións realizadas polos usuarios a través de internet en España durante 2010 é de 7,76.
- A porcentaxe de internautas que compran en internet polo menos unha vez ao mes pasou de ser o 12,7% en 2009 a ser o 16,7% en 2010.
- As canles de venda exclusiva a través de internet consolídanse. Así, as canles de venda online máis utilizadas son: as tendas de venda exclusiva por Internet (52,6%) e a páxina web corporativa do fabricante (49,0%).
Ademais, os datos reflicten unha tendencia crecente do Comercio Electrónico C2C: así, o 19,3% dos usuarios que declara comprar en internet durante 2010, declara realizar tamén algún tipo de transacción entre particulares (compra, venda ou ambas as dúas). Isto supón un incremento do 3,6% respecto ao ano 2009.
No seguinte gráfico podemos ver a evolución do volume de negocio do Comercio Electrónico B2C en España durante o período 2007-2010:
Na seguinte táboa podemos observar a evolución do gasto medio anual dos usuarios que realizan compras a través de internet en España:
O seguinte gráfico permítenos observar como se comportan os usuarios á hora de utilizar internet, tanto para buscar información durante o proceso de compra de determinados produtos ou servizos, como á hora de comprar os devanditos produtos/servizos a través de internet:
O gráfico anterior móstranos como internet ten un papel cada vez máis importante dentro do proceso de compra. Os usuarios utilizan cada vez máis internet para buscar información que lles axude a tomar as súas decisións de compra e unha porcentaxe cada vez maior destes usuarios completan en internet os seus procesos de compra.
Fonte:
- Estas cifras foron extraídas do informe anual "Estudo sobre o Comercio Electrónico B2C" do ano 2011 realizado polo Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI) para o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio de España.
Entradas Relacionadas: