Sistemas de Xestión de Contidos (CMS): Drupal

Logotipo do Sistema de Sestión de Contidos (CMS) Drupal

Aínda que, en Karakana Factoría TIC tamén utilizamos outros Sistemas de Xestión de Contidos (CMS) máis sinxelos (por exemplo: Wordpress), Drupal é o noso CMS de referencia para proxectos web de tamaño mediano ou grande nos que está indicado o uso dun Sistema de Xestión de Contidos.

A elección de Drupal como Sistema de Xestión de Contidos de referencia para este tipo de proxectos non é casual, senón que se debe a que o seu uso proporciona grandes vantaxes respecto doutros sistemas, por exemplo:

  • Drupal é totalmente gratuíto: isto supón unha gran redución de custos para Karakana Factoría TIC e, por suposto, esta redución de custos é trasladada aos nosos clientes. Deste xeito, pequenas empresas e entidades poden beneficiarse da utilización dun bo Sistema de Xestión de Contidos (CMS) e competir en igualdade de condicións con grandes empresas e corporacións, cousa que probablemente non poderían facer se tivesen que adquirir un CMS comercial.
  • Drupal é un CMS totalmente personalizable: isto permite que poida ser adaptado ás necesidades específicas de cada cliente e de cada páxina web, tanto se se trata dunha páxina web persoal, como dunha páxina web corporativa, dunha tenda online, etc.
  • Drupal é un CMS moi potente e flexible: incorpora un gran conxunto de funcionalidades que permiten desenvolver unha gran variedade de páxinas web. Cando estas funcionalidades non son suficientes para algún caso concreto, é posible engadir novas funcionalidades utilizando módulos, do mesmo xeito no que engadimos novas funcionalidades a un navegador web mediante o uso de extensións ou "plug-ins".
  • Drupal incorpora as funcionalidades máis comúns: deste xeito, non é necesario desenvolver unha e outra vez ditas funcionalidades nin ter que reinventar a roda cada vez que se crea unha nova páxina web. Isto permite reducir tanto o tempo de desenvolvemento dunha nova páxina web, como o seu custo de desenvolvemento.
  • Drupal é practicamente un estándar "de facto": isto permite garantir ás empresas ou entidades que o utilicen que están a realizar un investimento seguro e de futuro. Ademais, isto fai que o cliente non dependa da empresa desenvolvedora da páxina web, pois se a páxina web está baseada en Drupal, calquera outra empresa especializada no uso deste CMS poderá encargarse do mantemento ou ampliación da páxina web.
  • Drupal é un CMS que facilita a internacionalización: se necesita contratar unha páxina web cuxo contido debe estar dispoñible en varios idiomas, este CMS facilita enormemente a súa realización, así como a xestión das traducións e dos contidos nos diferentes idiomas soportados.
  • Drupal é un CMS que facilita a escalabilidade: se a súa páxina web ten que sorportar un elevado número de visitas, o CMS Drupal axudaralle a conseguir a escalabilidade que necesita, axudándolle a garantir que a súa páxina web sempre estará dispoñible a pesar do elevado número de visitas recibidas.

O Sistema de Xestión de Contidos Drupal posúe outras moitas vantaxes. Aquí só resumimos algunhas de entre as que poden resultar máis interesantes para os usuarios que se estean plantexando contratar a creación dunha páxina web  ou mesmo crear eles mesmos a súa páxina web.
O CMS Drupal está a ser utilizado actualmente por empresas e organizacións de enorme importancia. A continuación cítanse, a modo de exemplo, algunhas das empresas e organizacións que utilizan o Sistema de Xestión de Contidos Drupal:

Karakana Factoría TIC colabora no desenvolvemento e o financiamento do Sistema de Xestión de Contidos (CMS) Drupal, e entrou a formar parte da Drupal Association en calidade de Organization Member.


Entradas Relacionadas:

Categorías: Divulgación