Quen somos
Karakana Factoría TIC S.L.U. é unha empresa de desenvolvemento de software especializada na creación de aplicacións web:
- Sitios web corporativos.
- Catálogos virtuais.
- Tendas online.
- Aplicacións para contornas intranet/extranet.
- Aplicacións web empresariais.
O noso principal obxectivo é pór a disposición das empresas, organizacións e profesionais as ferramentas necesarias para satisfacer as súas necesidades de presenza na rede.
Equipo
Karakana conta cun equipo multidisciplinar, formado principalmente por enxeñeiros en informática e enxeñeiros de telecomunicación.
Posuímos unha ampla experiencia á hora de abordar unha gran variedade de proxectos dentro do sector TIC, o que nos permite ofrecer un servizo integral e cubrir un amplo rango de servizos que cobre todo o ciclo de vida dun proxecto web:
- Estratexia e planificación.
- Aloxamento web e xestión de nomes de dominio.
- Deseño e desenvolvo web.
- Migración de datos.
- Integración con servizos e aplicacións de terceiros.
- Posicionamento e relevancia en internet (SEO, SEM, SMM).
- Subministración de equipos.
- Mantemento.
En karakana apaixónanos tomar unha idea, analizala, darlle forma, mellorala, facela realidade e convertela nun proxecto de éxito.
Tanto se só ten unha boa idea coma se xa ten o seu proxecto en internet, seguro que podemos axudarlle a lograr os seus obxectivos.