Tendas online

Baixo esta categoría atoparás todos os contidos desta páxina web relacionados cos traballos realizados por Karakana Factoría TIC dentro do ámbito do comercio electrónico: tendas virtuais, tendas online, catálogos virtuais, páxinas web de tipo escaparate, etc.

Nova Tenda Online para Nutralactis

Creación de Tenda Online para Nutralactis

Nutralactis é unha tenda online para a venda de probióticos e complementos alimenticios destinados a mellorar as defensas das persoas durante todo o seu ciclo vital. Nutralactis é unha marca rexistrada, creada pola empresa de biotecnoloxía Bialactis, cuxo obxectivo é o de crear ingredientes funcionais que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas.

Tenda online Froitas Xeitosiña

Tenda online Froitas Xeitosiña

Froitas Xeitosiña é unha empresa de alimentación con máis de 20 anos de experiencia na comercialización de froitas e hortalizas frescas de calidade na cidade de Vigo.

Agora, e coa finalidade de ofrecer un mellor servizo aos seus clientes, Froitas Xeitosiña adéntrase nas novas tecnoloxías da man de karakana, estreando unha tenda online destinada á venda e repartición a domicilio de froitas, verduras e hortalizas frescas.