Dominios e hosting

Nomes de dominio

O seu nome de dominio é a marca coa que os seus clientes o identificarán na rede.

A elección dun nome de dominio adecuado é a mellor forma de comezar unha boa estratexia de posicionamento web.

En karakana proporcionámoslle servizos de xestión de nomes de dominio para unha ampla variedade de extensións, entre as cales as máis utilizadas son:

  • .com: a extensión máis utilizada e recoñecida en todo o mundo.
  • .net: para sitios web relacionados con internet.
  • .org: para organizacións (asociacións, institucións públicas...).
  • .es: para os sitios web orientados ao mercado español.
  • .eu: para os sitios web orientados ao mercado europeo.

Dispoñemos dun amplo catálogo de extensións, e axudámoslle a elixir a que mellor se adecúa ao seu proxecto.

Hosting

En karakana ofrecémoslle unha gran variedade de plans de hosting para que poida desenvolver a súa presenza en internet nas mellores condicións.

Consúltenos e lle asesoraremos sobre a mellor solución para o seu proxecto.