Posicionamento web

Ter presenza en internet é moi importante, pero non é dabondo, porque non servirá de nada que o seu negocio estea presente en internet se ninguén pode atopalo. Por iso resulta indispensable que o seu negocio apareza nos primeiros resultados dos principais buscadores cando un usuario busca un produto ou servizo que vostede ofrece.

Quizais non saiba que cando os usuarios recorren a internet para buscar información:

  • Utilizan algún dos tres buscadores máis importantes: Google (86,3%), Yahoo! (5,30%), ou Bing (3,13%).
  • O 92% dos usuarios preme nalgún dos resultados que se atopan nas 3 primeiras páxinas de resultados devoltas polo buscador.
  • O 68% dos usuarios preme nalgunha das ligazóns da primeira páxina de resultados devolta polo buscador.

Á vista destes datos, resulta obvio que, para ter éxito, o seu proxecto debe aparecer nas tres primeiras páxinas de resultados dos principais buscadores.

Este obxectivo pode lograrse utilizando as técnicas coñecidas como SEO e SEM.

SEO

O posicionamento natural

O SEO (Search Engine Optimization), tamén coñecido como posicionamento natural ou posicionamento orgánico, consiste en optimizar un sitio web para mellorar o seu posicionamento nos principais motores de procura de internet cando os usuarios buscan certas palabras crave.

Para acadalo utilízanse técnicas como:

  • Optimización das URLs e dos contidos do sitio.
  • Utilización dunha adecuada arquitectura da información.
  • Mellora da accesibilidade do sitio web.
  • Xeración de contidos relevantes relacionados coas palabras crave de interese.
  • Xeración de ligazóns entrantes cara ao sitio web.

Desde karakana podemos axudarlle a mellorar o posicionamento do seu sitio web utilizando as técnicas SEO:

  • Optimizando a arquitectura da información do seu sitio web.
  • Axudándolle a crear contido relevante que lle permita obter ligazóns entrantes cara ao seu sitio web.
  • Monitorizando o posicionamento do seu sitio web e os da súa competencia, axudándolle a tomar as decisións máis adecuadas en cada momento.
  • Xerando ligazóns entrantes cara ao seu sitio web.

O posicionamento natural (SEO) é unha excelente aposta a longo prazo, proporcionando moi bos resulados se se realiza un traballo constante durante longos períodos de tempo.

SEM

O posicionamento patrocinado

O SEM (Search Engine Marketing), posicionamento patrocinado ou PPC (Pay-Per-Click advertisement), consiste en pagar unha pequena cantidade aos principais motores de procura de internet para que un sitio web apareza nun lugar destacado cada vez que os usuarios busquen determinadas palabras crave.

Este tipo de promoción ten a vantaxe de que só se mostra a aqueles usuarios que están a buscar información relacionada co seu negocio, e unicamente se paga cando o usuario fixo click sobre a ligazón ao seu sitio.

Para iso utilizamos servizos como Google Adwords ou Yahoo! Search Marketing, que nos permiten definir o orzamento diario que queremos destinar a estas tarefas de promoción.

O posicionamento patrocinado (SEM) permite obter excelentes resultados a curto e medio prazo, resultando un excelente complemento do posicionamento natural (SEO).