Páxinas Web Corporativas ou Sitios Web Corporativos

Unha páxina web corporativa, tamén coñecida como sitio web corporativo, é un sitio web que pertence a unha determinada empresa ou institución e que contén información sobre a mesma. Ademais, define a súa presenza en internet e, por tanto, tamén a imaxe que recibirán da empresa os visitantes do devandito sitio web. Por este motivo, o sitio web corporativo dunha empresa constitúe un recurso de gran importancia, que debe transmitir os valores fundamentais da empresa e proporcionar a imaxe que a empresa desexa que os seus clientes e potenciais clientes teñan dela.

Ademais, un sitio web corporativo pode abrir novas vías de negocio para a empresa, ao permitir o acceso a novos clientes. As páxinas web corporativas permiten tamén que os clientes poidan informarse e comparar facilmente a calquera empresa coas empresas que constitúen a súa competencia directa, valorando a oferta e a información ofrecida por cada unha delas nos seus respectivos sitios web antes de tomar unha decisión de compra. Por tanto, os sitios web corporativos teñen unha influencia fundamental no proceso de toma de decisións de compra dos posibles clientes.

A páxina web corporativa dunha empresa permítelle acceder a un público potencial de máis de 1800 millóns de usuarios en todo o mundo e de máis de 28 millóns de usuarios só en España, durante as 24 horas do día, os 7 días da semana e os 365 días do ano. Ademais, este número de usuarios potenciais experimenta un crecemento imparable ano tras ano (Fonte: Unión Internacional de Telecomunicacións - ITU)

Aínda que hoxe en día resulte frecuente escoitar frases que resaltan a importancia que ten para unha empresa o dispor de presenza en internet, como "se a túa empresa non está en internet, entón non existe", unha empresa non debe conformarse con dispor dun sitio web corporativo, senón que debe conseguir que este sirva aos obxectivos e intereses da empresa, transmita aos seus usuarios os valores da mesma e constitúa unha vía máis de captación de novos clientes e de expansión do seu negocio.

Por tanto, podemos afirmar que o sitio web corporativo dunha empresa ten éxito cando fai posible ou axuda a que dita empresa alcance os seus obxectivos.

Categorías: Divulgación