Creación da Identidade Visual dunha Páxina Web utilizando Plantillas Gratuítas

É posible obter plantillas con deseños predefinidos que permiten configurar o aspecto visual dunha páxina web. Estas plantillas poden descargarse de internet e algunhas delas son gratuítas, podendo ser utilizadas libremente, sen necesidade de pagar ningún tipo de canon ou licenza pola súa utilización.

As principais vantaxes que presenta a utilización de plantillas gratuítas, son:

  • Non existe un custo asociado á utilización da plantilla.
  • Permiten outorgar un aspecto visual aceptable a un sitio web.

As principais desvantaxes derivadas da utilización das plantillas gratuitas, son:

  • Aínda pode ser necesario un pequeno traballo de adaptación por parte dun deseñador gráfico e/ou un programador, para adaptar algúns aspectos da plantilla (por exemplo: paleta de cores, imaxes, logotipos, etc.) para que o aspecto visual resultante sexa acorde coa imaxe corporativa da empresa propietaria da páxina web.
  • O aspecto visual obtido como resultado final pode non ser tan bo como o conseguido co resto de opcións posibles, que se verán en próximos posts.
  • Pouca flexibilidade: os elementos de deseño están predefinidos e veñen incluídos ca plantilla, só podemos modificar aspectos básicos como a cor, o logotipo, etc.
  • Pouca variedade: o número de plantillas entre as que podemos escoller está limitado.
  • Pode haber unha gran cantidade de páxinas web en internet que utilicen a mesma plantilla. Os visitantes da páxina web poden darse conta dese feito e percibilo como un aspecto negativo. Como resultado, o sitio web pode causar unha mala imaxe entre estes visitantes e perder credibilidade ante eles, xerándolles desconfianza.

Deseño Web: exemplo de creación da identidade visual dunha páxina web baseada nunha plantilla gratuíta

Figura 1: Exemplo de páxina web baseada nunha plantilla gratuíta.


Entradas Relacionadas:

Categorías: Divulgación