Nova Páxina Web para AESLA

Nova Página Web de AESLA - Asociación Española de Lingüística Aplicada

A Asociación AESLA confiou no equipo de Karakana Factoría TIC para o desenvolvemento da súa nova páxina web. Para a creación desta páxina web realizouse un deseño a medida, baseado na imaxe corporativa da asociación. Esta páxina web está baseada en Drupal, que é un dos CMS ou xestores de contidos máis potentes e versátiles que existen na actualidade.

Ademais das seccións do sitio web accesibles por calquera usuario, esta páxina web complementouse cunha serie de funcionalidades adicionais dispoñibles unicamente para os membros de AESLA. Entre estas funcionalidades cabe destacar o desenvolvemento dunha intranet que permite que os socios desta asociación poidan intercambiar de forma sinxela arquivos entre eles, permitíndolles ademais un rápido acceso a toda a documentación xerada pola propia asociación: actas dos congresos da asociación, revistas creadas pola asociación, boletín de AESLA, etc.

Cada membro de AESLA pode ademais crear un perfil persoal dentro da páxina web de forma sinxela. Neste perfil resúmese a súa información de contacto, así como os seus campos científicos de interese, o labor de investigación desenvolvido dentro do ámbito da lingüística aplicada e calquera información adicional digna de ser destacada. Esta información atópase publicamente accesible desde o directorio de socios da páxina web. Deste xeito calquera usuario pode consultar o directorio de socios de AESLA, así como realizar procuras sobre este directorio, servindo así esta sección da páxina web como medio para promocionar os labores de investigación levados a cabo tanto pola asociación AESLA como por cada un dos seus membros.

Ademais, a nova páxina web da asociación AESLA complementouse coa creación dunha lista de distribución de correo electrónico. Esta lista de distribución facilita a comunicación e a colabobración entre os membros da asociación, permitindo ademais a difusión de comunicacións destinadas a todos os membros da asociación de forma rápida e efectiva.

Esta páxina web tamén permite aos membros de AESLA a utilización do software OJS. OJS é un software Open Source creado grazas á colaboración de varias universidades e que está orientado á creación, maquetación, xestión, publicación e difusión de revistas e publicacións de caracter científico. Este software permite que os membros de AESLA poidan colaborar activamente para a creación dos contidos das revistas da asociación: RAEL e RESLA.

Grazas á utilización do CMS Drupal, os membros da asociación poden modificar de forma rápida e sinxela os contidos do seu sitio web e mantelo actualizado en todo momento coas últimas noticias e novidades relacionadas cos ámbitos de traballo da asociación.

AESLA é a Asociación Española de Lingüística Aplicada. A súa misión é a de fomentar a lingüística aplicada. AESLA mantén acordos con outras entidades de cara a conseguir este obxectivo e, ademais do seu labor de investigación dentro do ámbito da lingüística aplicada, difunde os seus coñecementos a través das diferentes publicacións realizadas pola propia asociación e mediante a realización dun congreso anual de lingüística aplicada. Ademais, AESLA realiza periodicamente diversos concursos co obxectivo de premiar e recoñecer os traballos de investigación máis destacables levados a cabo dentro deste ámbito.

Se desexas obter máis información sobre AESLA ou queres ver a súa nova páxina web, podes facelo pulsando sobre a seguinte ligazón: AESLA - Asociación Española de Lingüística Aplicada.

 


Contido Relacionado: