Obter un bo posicionamento en google xa non é cuestión de enlaces

SEO

O pasado 27 de maio Google actualizaba o contido da versión inglesa do artigo "Como se clasifican as páxinas" do Centro de Axuda das súas Ferramentas para Webmasters.

Antes desta actualización, no artigo "Como se clasifican as páxinas" rezaba o seguinte:

"webmasters can improve the rank of their sites by increasing the number of high-quality sites that link to their pages".

É dicir:

"os webmasters poden mellorar a clasificación dos seus sitios aumentando o número de sitios de alta calidade que ofrecen enlaces ás súas páxinas".

Mentres que coa nova redacción queda así:

"webmasters can improve the rank of their sites by creating high-quality sites that users will want to use and share".

En galego:

"os webmasteres poden mellorar a clasificación dos seus sitios creando sitios de alta calidade que os usuarios desexen utilizar e compartir".

Os cambios na redacción deste artigo aínda non foron incorporados á súa tradución en español (non hai versión en galego para esta documentación), pero espérase que o faga en breve, xa que a nova redacción do texto é acorde coa mensaxe que Google leva tratando de transmitir aos desenvolvedores web dende fai xa algún tempo: o importante non é a cantidade de enlaces, senón a calidade do sitio web.

http://support.google.com/webmasters/bin/answer.py?hl=en&answer=34432


Entradas Relacionadas:

Categorías: Noticias