Por qué karakana?

Existen moitas razóns polas cales traballar con karakana. Estas son algunhas delas:

1. Somos profesionais cualificados

O equipo de karakana está formado por profesionais cualificados, na súa maioría enxeñeiros informáticos e de telecomunicación, con ampla experiencia no sector TIC e un profundo coñecemento da web.

O noso equipo de profesionais e os nosos procesos de traballo perfectamente definidos garanten a calidade dos nosos produtos e servizos.

2. Desenvolvemos solucións personalizadas

Estudaremos a fondo o seu proxecto, considerando todas as peculiaridades que o fan diferente aos demais, e proporémoslle unha solución personalizada e totalmente adaptada ás súas necesidades.

3. Ofrecémoslle un servizo integral

Ofrecémoslle un servizo integral para a xestión da súa presenza na rede.

Dende asesoramento para a elección da mellor solución tecnolóxica até o mantemento do seu sitio e a xestión das súas campañas de mercadotecnia online.

Ademais, en karakana non queremos que os nosos clientes perdan a súa liberdade. Entregámoslle o código fonte de todo o que facemos. Porque vostede é o propietario da súa web.