Quen somos

Karakana Factoría TIC S.L. é unha empresa de desenvolvemento de software especializada na creación de aplicacións web:

  • Sitios web corporativos.
  • Catálogos virtuais.
  • Tendas online.
  • Aplicacións para contornas intranet/extranet.
  • Aplicacións web empresariais.

O noso principal obxectivo é pór a disposición das empresas, organizacións e profesionais as ferramentas necesarias para satisfacer as súas necesidades de presenza na rede.

Equipo

Karakana conta cun equipo multidisciplinar, formado principalmente por enxeñeiros en informática e enxeñeiros de telecomunicación.

Posuímos unha ampla experiencia á hora de abordar unha gran variedade de proxectos dentro do sector TIC, o que nos permite ofrecer un servizo integral e cubrir un amplo rango de servizos que cobre todo o ciclo de vida dun proxecto web:

  • Estratexia e planificación.
  • Aloxamento web e xestión de nomes de dominio.
  • Deseño e desenvolvo web.
  • Migración de datos.
  • Integración con servizos e aplicacións de terceiros.
  • Posicionamento e relevancia en internet (SEO, SEM, SMM).
  • Subministración de equipos.
  • Mantemento.

En karakana apaixónanos tomar unha idea, analizala, darlle forma, mellorala, facela realidade e convertela nun proxecto de éxito.

Tanto se só ten unha boa idea coma se xa ten o seu proxecto en internet, seguro que podemos axudarlle a lograr os seus obxectivos.