Posicionamento en buscadores

Baixo esta categoría atoparás agrupados todos os contidos desta páxina web que están relacionados cos traballos realizados por Karakana Factoría TIC dentro do ámbito do posicionamento en buscadores, tamén coñecido como posicionamento natural ou SEO (Search Engine Optimization): optimización de páxinas web para o seu adecuado posicionamento nos principais buscadores, creación de contidos, obtención de ligazóns entrantes, optimización de contidos, etc.

Novo sitio web da consultoría de empresas PS Tributación y Finanzas

Consultoría de Empresas PS Tributación y Finanzas

PS Tributación y Finanzas é unha consultoría de empresas afincada en Vigo con case trinta anos de experiencia en asesoramento empresarial ás súas costas. O seu elemento diferenciador é a alta cualificación do seu equipo de profesionais, o que lles permite ofrecer un asesoramento integral de alto valor engadido que cobre todas as necesidades de asesoría financeira, tributaria, contable e legal de empresas e particulares.

Novo sitio web de Vigolap

Vigolap. Obesidade e Laparoscopia.

Vigolap é un equipo cirúrxico especializado na cirurxía da obesidade que leva funcionando como sociedade desde o ano 2006.

En Karakana adaptamos o sitio web de Vigolap ás súas novas necesidades de presenza online. Para iso, decidimos conservar o deseño web orixinal, migrando o sitio web da plataforma WordPress a Drupal, e engadindo novas funcionalidades e servizos.

Sitio web corporativo da Asociación Chísem

Sitio web corporativo da Asociación Chísem

Chísem, asociación sen ánimo de lucro que desenvolve a súa actividade no ámbito da prevención e a intervención psicolóxica, xa forma parte da nosa lista de clientes.