SEM

Baixo esta categoría atoparás agrupados todos os contidos desta páxina web que están relacionados cos traballos realizados por Karakana Factoría TIC dentro do ámbito da mercadotecnia en buscadores, tamén coñecido como posicionamento de pago ou SEM (Search Engine Marketing): creación e seguimento de campañas de mercadotecnia en buscadores, estudo do mercado e da competencia, elección das palabras crave óptimas, etc.

Novo sitio web da consultoría de empresas PS Tributación y Finanzas

Consultoría de Empresas PS Tributación y Finanzas

PS Tributación y Finanzas é unha consultoría de empresas afincada en Vigo con case trinta anos de experiencia en asesoramento empresarial ás súas costas. O seu elemento diferenciador é a alta cualificación do seu equipo de profesionais, o que lles permite ofrecer un asesoramento integral de alto valor engadido que cobre todas as necesidades de asesoría financeira, tributaria, contable e legal de empresas e particulares.

Novo sitio web corporativo do Dr. Pineda

Novo sitio web corporativo do Dr. Pineda

A consulta do Dr. Juan Ramón Pineda consolida a súa presenza en internet coa súa nova páxina web corporativa: www.digestivopineda.com.

O Dr. Pineda é médico especialista no Aparello Dixestivo e Endoscopia, e a súa longa traxectoria profesional abarca unha ampla experiencia na consulta e investigación de patoloxías dixestivas e tratamentos endoscópicos avanzados.

Novo sitio web de Vigolap

Vigolap. Obesidade e Laparoscopia.

Vigolap é un equipo cirúrxico especializado na cirurxía da obesidade que leva funcionando como sociedade desde o ano 2006.

En Karakana adaptamos o sitio web de Vigolap ás súas novas necesidades de presenza online. Para iso, decidimos conservar o deseño web orixinal, migrando o sitio web da plataforma WordPress a Drupal, e engadindo novas funcionalidades e servizos.