O Comercio Electrónico en Cifras

O Comercio Electrónico en Cifras

Na entrada anterior deste blog realizamos unha breve introdución ao comercio electrónico e describimos os principais tipos de comercio electrónico existentes. Co fin de mostrar a crecente importancia que está a adquirir o Comercio Electrónico, móstranse a continuación algunhas cifras representativas do uso do comercio electrónico B2C en España:

  • A porcentaxe de usuarios de internet españois que realizou algunha compra a través de internet durante 2010 é do 43,1%. Isto supón que 11 millóns de españois realizaron algunha compra a través de internet durante 2010, un 6% máis que o ano anterior.
  • O gasto medio anual destes usuarios en compras realizadas a través de internet durante 2010 é de 831 euros. O incremento do gasto medio anual destes usuarios respecto ao ano 2009 é do 10,9%.
  • O volume de negocio correspondente ao comercio electrónico B2C en España durante o ano 2010 é de 9114 millóns de euros. Este volume de negocio experimentou un crecemento do 17,4% respecto ao ano 2009.
  • O 73,7% dos usuarios que realizan compras en España a través de internet utilizan os buscadores de internet para chegar até o sitio web de comercio electrónico no que realizan as súas compras. Isto demostra a enorme importancia do posicionamento en buscadores de internet.
  • En 2010, o 64,7% dos usuarios que en España realizan compras a través de internet prefiren pagar utilizando un cartón de crédito ou débito, mentres que o 13,6% prefire o pago contra reembolso.
  • O número medio de adquisicións realizadas polos usuarios  a través de internet en España durante 2010 é de 7,76.
  • A porcentaxe de internautas que compran en internet polo menos unha vez ao mes pasou de ser o 12,7% en 2009 a ser o 16,7% en 2010.
  • As canles de venda exclusiva a través de internet consolídanse. Así, as canles de venda online máis utilizadas son: as tendas de venda exclusiva por Internet (52,6%) e a páxina web corporativa do fabricante (49,0%).

Ademais, os datos reflicten unha tendencia crecente do Comercio Electrónico C2C: así, o 19,3% dos usuarios que declara comprar en internet durante 2010, declara realizar tamén algún tipo de transacción entre particulares (compra, venda ou ambas as dúas). Isto supón un incremento do 3,6% respecto ao ano 2009.

No seguinte gráfico podemos ver a evolución do volume de negocio do Comercio Electrónico B2C en España durante o período 2007-2010:

Evolución del volumen de negocio del Comercio Electrónico B2C en España durante el período 2007-2010

Na seguinte táboa podemos observar a evolución do gasto medio anual dos usuarios que realizan compras a través de internet en España:

Evolución del Gasto Medio Anual por usuario comprador en internet en España durante el período 2007-2010O seguinte gráfico permítenos observar como se comportan os usuarios á hora de utilizar internet, tanto para buscar información durante o proceso de compra de determinados produtos ou servizos, como á hora de comprar os devanditos produtos/servizos a través de internet:

Comportamiento de los usuarios a la hora de utilizar internet durante el proceso de compraO gráfico anterior móstranos como internet ten un papel cada vez máis importante dentro do proceso de compra. Os usuarios utilizan cada vez máis internet para buscar información que lles axude a tomar as súas decisións de compra e unha porcentaxe cada vez maior destes usuarios completan en internet os seus procesos de compra.


Fonte:

Entradas Relacionadas: 

Categorías: Divulgación