Blog

Páxina Web Corporativa ou Páxina en Facebook?

A miúdo algúns dos nosos novos clientes realízannos esta pregunta, pedíndonos que lles aconsellemos sobre se deben crear unha Páxina Web Corporativa ou se, no seu lugar, deben crear unha Páxina en Facebook. Nestes casos sempre tentamos explicar aos nosos clientes que contar cunha Páxina Web Corporativa resulta hoxe en día algo indispensable e que a páxina en Facebook pode ser un bo complemento á devandita Páxina Web Corporativa, pero nunca un substituto. Non cremos que teña ningún sentido contar cunha páxina en Facebook sen contar en primeiro lugar cunha boa Páxina Web Corporativa.

Categorías: Divulgación

Novo sitio web corporativo de PROTEC Gestión de Activos S.A.

PROTEC Gestión de Activos S.A.

PROTEC Gestión de Activos S.A. é unha plataforma multidisciplinar que ofrece servizos de xestión de activos inmobiliarios a entidades financeiras e administracións públicas.

PROTEC conta cun equipo humano de máis de 150 profesionais cunha dilatada traxectoria e un extenso coñecemento do mercado inmobiliario (arquitectos, urbanistas, enxeñeiros, avogados, economistas, e expertos tasadores) distribuídos en 29 centros produtivos en España e Portugal.

Novo sitio web de Vigolap

Vigolap. Obesidade e Laparoscopia.

Vigolap é un equipo cirúrxico especializado na cirurxía da obesidade que leva funcionando como sociedade desde o ano 2006.

En Karakana adaptamos o sitio web de Vigolap ás súas novas necesidades de presenza online. Para iso, decidimos conservar o deseño web orixinal, migrando o sitio web da plataforma WordPress a Drupal, e engadindo novas funcionalidades e servizos.

Envío de comunicacións comerciais electrónicas: modificacións na lexislación española

O pasado 2 de Abril de 2012 entrou en vigor o Real Decreto Lei 13/2012 de 30 de Marzo. Este Real Decreto Lei traslada algunhas directivas comunitarias que afectan os mercados de electricidade, gas e comunicacións electrónicas. Nesta entrada do blog centrarémonos nos aspectos desta reforma legal que afectan as comunicacións comerciais electrónicas, dentro das cales se atopan englobadas non só as comunicacións comerciais vía e-mail, senón tamén as comunicacións comerciais a través das redes sociais e a través da telefonía móbil. Analizaremos pois a continuación cales son as obrigacións legais que debemos cumprir á hora de realizar este tipo de comunicacións comerciais electrónicas, centrándonos especialmente no caso daquelas que se realizan vía e-mail.

Categorías: Noticias

Modificada a Lexislación Española sobre as Cookies

O pasado día 2 de Abril de 2012 entrou en vigor a modificación introducida no artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), que ten por obxectivo o de adecuar o devandito artigo á Directiva Comunitaria 2009/136/CE. Antes de proceder a explicar en que consisten estes cambios lexislativos e como afectan aos propietarios dunha páxina web, repasemos o concepto de cookie.

Categorías: Noticias

Nova Reforma da Lei de Sociedades para eliminar o concepto de Sede Electrónica

O pasado 2 de Outubro de 2011 entraba en vigor a Lei 25/2011, introducindo unha reforma parcial da Lei de Sociedades de Capital para incorporar o concepto de Sede Electrónica, regulando así por lei a creación, modificación, supresión ou traslado das Páxinas Web Corporativas das devanditas sociedades. Apenas 4 meses e medio despois, o pasado 16 de Marzo de 2012 entraba en vigor o Real Decreto Lei 9/2012, de 16 de Marzo de 2012, suprimindo o concepto de Sede Electrónica para as Sociedades de Capital, entre as cales se inclúen as Sociedades de Responsabilidade Limitada.

Categorías: Noticias

Blogs Corporativos: unha ferramenta imprescindible

Un blog ou bitácora, é un sitio web ou unha sección dun sitio web que se actualiza periodicamente e que recompila cronoloxicamente textos e/ou artigos dun ou varios autores e que, polo xeral, mostra en primeiro lugar os contidos máis recentes. Se o creador do blog o autoriza, os visitantes do blog poderán engadir comentarios a estes artigos, establecéndose así unha comunicación bidireccional entre os autores do blog e os seus visitantes.

Categorías: Divulgación

Sistemas de Xestión de Contidos (CMS): Drupal

Logotipo do Sistema de Sestión de Contidos (CMS) Drupal

Aínda que, en Karakana Factoría TIC tamén utilizamos outros Sistemas de Xestión de Contidos (CMS) máis sinxelos (por exemplo: Wordpress), Drupal é o noso CMS de referencia para proxectos web de tamaño mediano ou grande nos que está indicado o uso dun Sistema de Xestión de Contidos.

Categorías: Divulgación

Vantaxes dos Sistemas de Xestión de Contidos (CMS)

Tras expor na anterior entrada deste blog o que é un Sistema de Xestión de Contidos (CMS) e como a súa correcta utilización permite crear páxinas web dinámicas cuxos contidos son facilmente actualizables, a continuación resúmense brevemente algunhas das principais vantaxes das páxinas web baseadas na utilización dun CMS:

Categorías: Divulgación

Páxinas Web Baseadas en Sistemas de Xestión de Contidos (CMS)

Como xa vimos en anteriores entradas deste blog, existen diferentes tipos de páxinas web. Así, temos visto que, en base á frecuencia coa que se actualiza o seu contido, podemos clasificar as páxinas web en páxinas web estáticas e páxinas web dinámicas.

Categorías: Divulgación