Creamos a páxina web e a identidade visual para o proxecto APU da Universidade de Vigo
Hai uns meses, o equipo de investigación da Universidade de Vigo que leva a cabo o proxecto APU, contactou co noso estudo de deseño web, confiándonos a creación da identidade visual para este proxecto, así como a realización da súa páxina web. O proxecto APU é un proxecto de investigación realizado pola Universidade de Vigo e que conta coa colaboración da Universidade de Liverpool. Este proxecto, financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ten como obxectivo o estudo do rendemento en materia de expresión escrita dos estudantes de primaria e secundaria.
Á hora de abordar este proxecto, existían unha seria de obxectivos ben definidos:
- Crear a identidade visual do proxecto APU, creando unha imaxe acorde coa temática do proxecto.
- Crear un deseño para a páxina web do proxecto APU acorde a esta identidade visual.
-
Crear unha páxina web sinxela desde a que o equipo de investigación do proxecto APU puidese:
- Dar a coñecer o proxecto, así como todas as novidades e noticias relacionadas co mesmo, sen necesidade de contar coa axuda de persoal especializado en deseño e desenvolvemento web para a actualización dos contidos da súa páxina web.
- Proporcionar información de contacto a calquera persoa ou institución interesada no proxecto.
- Proporcionar información sobre o equipo de investigación do proxecto APU.
O equipo de deseño e desenvolvemento web de Karakana Factoría TIC púxose a traballar para dar resposta a estas necesidades, creando o logotipo e a identidade visual do proxecto APU, así como un deseño web baseado na devandita identidade visual. A continuación, implementamos este deseño sobre o sistema xestor de contidos (CMS) Drupal para permitir así que o equipo do proxecto APU puidese xestionar de forma totalmente autónoma o contido da súa páxina web, utilizando para iso unha potente e sinxela interfaz de administración web.
Decidimos escoller Drupal como sistema xestor de contidos para este proxecto debido á súa enorme potencia e flexibilidade. Deste xeito, grazas á súa utilización, podemos dar resposta a todas as necesidades actuais do proxecto APU de forma rápida e eficiente e, ao mesmo tempo, podemos cubrir practicamente calquera necesidade que xurda no futuro cun custo de desenvolvemento relativamente baixo.
Entre as funcionalidades que se crearán a medio prazo para este proxecto atópase a realización dunha aplicación web que permita mostrar tanto as imaxes dixitalizadas relacionadas co proxecto APU, como a transcrición das mesmas en formato XML, así como a realización de procuras dentro destes contidos.
Se desexas coñecer en maior profundidade o proxecto APU ou queres ver a páxina web que creamos para este proxecto, podes facelo seguindo esta ligazón: Páxina web do proxecto APU da Universidade de Vigo.
Contido Relacionado:
- Nova páxina web corporativa para a consultoría de empresas situada en Vigo "Ps Tributación y Finanzas"
- Deseño dunha páxina web corporativa e creación de identidade visual para Parking Vigo
- Deseño da páxina web do grupo de investigación LVTC da Universidade de Vigo e creación da súa identidade visual
- Deseño da nova páxina web corporativa para a consulta do Doutor Pineda
- Creación de identidade visual e páxina web corporativa para AELINCO