Sistemas de xestión de contidos
Creamos a páxina web e a identidade visual para o proxecto APU da Universidade de Vigo
Hai uns meses, o equipo de investigación da Universidade de Vigo que leva a cabo o proxecto APU, contactou co noso estudo de deseño web, confiándonos a creación da identidade visual para este proxecto, así como a realización da súa páxina web.
Nova Páxina Web Corporativa para Alicce
Tras a súa recente constitución, a empresa Alicce decidiu contactar co noso estudo de deseño web para realizar a súa páxina web corporativa.
Deseño web e deseño de identidade visual para AELINCO
A Asociación Española de Lingüística do Corpus (AELINCO) púxose en contacto co noso estudo de deseño web (Karakana Factoría TIC) para crear unha nova identidade visual para a súa asociación, así como para renovar por completo a súa páxina web.
Novo Sitio Web Corporativo para Fisioestetic
Recentemente, Fisioestetic confiou ao equipo de Karakana Factoría TIC a realización da súa páxina web corporativa. Fisioestetic é un centro de fisioterapia, dietética, estética e psicoterapia de recente creación que se atopa situado en Santiago de Compostela e que foi posto en marcha por un equipo de emprendedores con gran experiencia dentro deste sector.
Novo sitio web da consultoría de empresas PS Tributación y Finanzas
PS Tributación y Finanzas é unha consultoría de empresas afincada en Vigo con case trinta anos de experiencia en asesoramento empresarial ás súas costas. O seu elemento diferenciador é a alta cualificación do seu equipo de profesionais, o que lles permite ofrecer un asesoramento integral de alto valor engadido que cobre todas as necesidades de asesoría financeira, tributaria, contable e legal de empresas e particulares.
Novo deseño web e identidade visual de Parking Vigo
Parking Vigo contactou co noso estudo de deseño web para renovar a súa imaxe corporativa e poñer en marcha unha nova páxina web que lle permitise manter un contacto máis próximo cos seus clientes.
Novo deseño web para o grupo de investigación LVTC
A Universidade de Vigo confiou en Karakana para o deseño web do novo sitio do grupo de investigación LVTC.
LVTC (Language Variation and Textual Categorisation) é un grupo de investigación da Universidade de Vigo cuxa área de investigación comprende diferentes aspectos tanto técnicos coma baseados no uso do idioma inglés, tales como a orde das palabras, a estrutura da información, as características da comunicación oral, etc.
Novo sitio web corporativo do Dr. Pineda
A consulta do Dr. Juan Ramón Pineda consolida a súa presenza en internet coa súa nova páxina web corporativa: www.digestivopineda.com.
O Dr. Pineda é médico especialista no Aparello Dixestivo e Endoscopia, e a súa longa traxectoria profesional abarca unha ampla experiencia na consulta e investigación de patoloxías dixestivas e tratamentos endoscópicos avanzados.
Páxina web corporativa de Tecpro Ingeniería Civil
Tecpro é unha empresa de Enxeñaría Civil afincada en Vigo que leva ofrecendo servizos integrais de asistencia técnica no sector das Obras Públicas desde o ano 2007.
Tenda online Froitas Xeitosiña
Froitas Xeitosiña é unha empresa de alimentación con máis de 20 anos de experiencia na comercialización de froitas e hortalizas frescas de calidade na cidade de Vigo.
Agora, e coa finalidade de ofrecer un mellor servizo aos seus clientes, Froitas Xeitosiña adéntrase nas novas tecnoloxías da man de karakana, estreando unha tenda online destinada á venda e repartición a domicilio de froitas, verduras e hortalizas frescas.