Novo sitio web da consultoría de empresas PS Tributación y Finanzas
PS Tributación y Finanzas é unha consultoría de empresas afincada en Vigo con case trinta anos de experiencia en asesoramento empresarial ás súas costas. O seu elemento diferenciador é a alta cualificación do seu equipo de profesionais, o que lles permite ofrecer un asesoramento integral de alto valor engadido que cobre todas as necesidades de asesoría financeira, tributaria, contable e legal de empresas e particulares.
Conscientes da importancia das novas tecnoloxías, e co fin de ofrecer un mellor servizo aos seus clientes, PS Tributación y Finanzas decidiu apostar fortemente pola súa presenza online, confiando a Karakana o deseño web do seu novo sitio web corporativo.
O deseño gráfico do novo sitio web corporativo de PS Tributación y Finanzas foi realizado a medida para este proxecto, e pretende transmitir a sobriedade e elegancia que require un despacho profesional destas características.
O proxecto foi desenvolvido integramente sobre o Sistema de Xestión de Contidos Drupal, e entre os seus principais características podemos destacar as seguintes:
- Sitio dinámico e facilmente actualizable polo propio cliente.
- Internacionalización do sitio en español e galego.
- Estrutura de navegación orientada a servizos:
- Área privada para ofrecer servizos de valor engadido aos seus clientes.
- Blog de noticias do sector: fiscal, contable, financeiro, legal.
Ademais, o lanzamento do sitio foi impulsado mediante o uso de técnicas de posicionamento avanzado en buscadores (SEO), así como unha campaña de pay-per-click de apoio e outras accións promocionais complementarias.
Máis información no sitio web da consultoría de empresas PS Tributación e Finanzas.