Contornas de intranet / extranet
Deseño web e deseño de identidade visual para AELINCO
A Asociación Española de Lingüística do Corpus (AELINCO) púxose en contacto co noso estudo de deseño web (Karakana Factoría TIC) para crear unha nova identidade visual para a súa asociación, así como para renovar por completo a súa páxina web.
Nova Páxina Web para AESLA
A Asociación AESLA confiou no equipo de Karakana Factoría TIC para o desenvolvemento da súa nova páxina web. Para a creación desta páxina web realizouse un deseño a medida, baseado na imaxe corporativa da asociación. Esta páxina web está baseada en Drupal, que é un dos CMS ou xestores de contidos máis potentes e versátiles que existen na actualidade.
Novo sitio web da consultoría de empresas PS Tributación y Finanzas
PS Tributación y Finanzas é unha consultoría de empresas afincada en Vigo con case trinta anos de experiencia en asesoramento empresarial ás súas costas. O seu elemento diferenciador é a alta cualificación do seu equipo de profesionais, o que lles permite ofrecer un asesoramento integral de alto valor engadido que cobre todas as necesidades de asesoría financeira, tributaria, contable e legal de empresas e particulares.