Novo deseño web e identidade visual de Parking Vigo

Deseño web Parking Vigo (captura)

Parking Vigo contactou co noso estudo de deseño web para renovar a súa imaxe corporativa e poñer en marcha unha nova páxina web que lle permitise manter un contacto máis próximo cos seus clientes.

Parking Vigo é un aparcadoiro situado na Rúa Areal de Vigo, moi próximo á estación de ferrocarril de Guixar, o que o converte nunha excelente alternativa ao aparcadoiro da estación de RENFE en Vigo. As principais fortalezas desta empresa de aparcamento son a súa situación privilexiada, as súas tarifas económicas, e a súa gran flexibilidade á hora de adaptarse ás necesidades dos seus usuarios.

Para o deseño da nova identidade visual de Parking Vigo recorreuse a unha forma que pretende transmitir o dinamismo do movemento, similar ao percorrido dun vehículo en busca da súa praza de aparcamento, á vez que debuxa a letra "P" de aparcadoiro. O esquema de cores empregado transmite frescura e sosego, e a utilización dun leve degradado achega o punto de modernidade ao deseño.

En canto á nova páxina web de Parking Vigo, trátase dun sitio web dinámico baseado no Sistema de Xestión de Contidos Drupal. Este novo sitio web permitirá á empresa manter actualizadas en todo momento as súas tarifas, así como informar puntualmente os seus clientes acerca de calquera aspecto de interese relacionado coa súa actividade.

Parking Vigo ofrece un amplo abano de bonos e tarifas, así como a posibilidade de solicitar un presuposto totalmente adaptado ás nosas necesidades.

Parking Vigo é a túa praza libre en Vigo. Non lle deas máis voltas.

www.parkingvigo.es