Tenda online Froitas Xeitosiña
Froitas Xeitosiña é unha empresa de alimentación con máis de 20 anos de experiencia na comercialización de froitas e hortalizas frescas de calidade na cidade de Vigo.
Agora, e coa finalidade de ofrecer un mellor servizo aos seus clientes, Froitas Xeitosiña adéntrase nas novas tecnoloxías da man de karakana, estreando unha tenda online destinada á venda e repartición a domicilio de froitas, verduras e hortalizas frescas.
Froitas Xeitosiña contou co equipo de desenvolvemento de karakana para lanzar esta tenda online, cun deseño limpo e sinxelo que permite ao visitante percorrer facilmente o catálogo de produtos da empresa e comprar froitas e hortalizas frescas online con toda comodidade.
O equipo de desenvolvemento valorou por encima de todo a usabilidade do sitio web, coa firme intención de facilitar as compras e mellorar a experiencia de usuario dos seus clientes.
Conscientes de que no sector da froitería e verdulería a dispoñibilidade dos produtos e os seus prezos varían día a día, o equipo de desenvolvemento de karakana dotou a esta tenda online dun completo sistema de xestión de contidos que permite aos seus propietarios manter perfectamente actualizado e ao día o seu amplo catálogo con máis de trescentos produtos.
Inicialmente esta froitería online realizará reparticións a domicilio de froitas e hortalizas frescas en Vigo, Arcade e Redondela.