Novo sitio web corporativo do Dr. Pineda

Novo sitio web corporativo do Dr. Pineda

A consulta do Dr. Juan Ramón Pineda consolida a súa presenza en internet coa súa nova páxina web corporativa: www.digestivopineda.com.

O Dr. Pineda é médico especialista no Aparello Dixestivo e Endoscopia, e a súa longa traxectoria profesional abarca unha ampla experiencia na consulta e investigación de patoloxías dixestivas e tratamentos endoscópicos avanzados.

O elegante deseño gráfico do sitio web corporativo do Dr. Pineda, realizado a medida para este proxecto, destaca a figura do profesional e ofrece información detallada sobre as principais enfermidades do aparello dixestivo e o seu tratamento, organizadas segundo un sinxelo e intuitivo menú de navegación estruturado en sete seccións principais.

Trátase dun sitio web dinámico e adaptado ás necesidades do cliente, que foi desenvolvido sobre o Sistema de Xestión de Contidos Drupal.

Coa finalidade de facilitar a administración do sitio, o equipo de desenvolvemento de Karakana dotouno dun sinxela pero potente área de administración que permitirá manter o seu contido sempre actualizado.

Ademais, o plan de explotación do sitio web inclúe un completo programa de mantemento do mesmo, así como o despregamento dunha Campaña de Posicionamento Patrocinado en Buscadores (SEM).