Nova Páxina Web Corporativa para Alicce

Páxina Web Corporativa de Alicce

Tras a súa recente constitución, a empresa Alicce decidiu contactar co noso estudo de deseño web para realizar a súa páxina web corporativa. Alicce é unha empresa creada por dúas psicólogas que decidiron emprender e que contan con máis de 12 anos de experiencia realizando labores de formación e prevención no ámbito da educación. Alicce atópase situada en Santiago de Compostela e está especializada no deseño completamente a medida de programas formativos e preventivos co fin de facilitar o desenvolvemento persoal, social e afectivo dos individuos.

Alicce desexaba contar cunha páxina web corporativa cun deseño moderno e elegante, que ademais estivese adaptado á gran cantidade de dispositivos que actualmente se utilizan para acceder a internet: computadores de sobremesa, portátiles, tablets, teléfonos móbiles, etc. Ademais, o equipo de Alicce desexaba que os contidos da súa páxina web puidesen ser actualizados de forma autónoma polo propio equipo, sen necesidade de depender de persoal especializado con formación específica en deseño e programación web.

Alicce desexaba que a súa páxina web servise para a difusión do amplo abanico de actividades formativas que levan a cabo e que, ao mesmo tempo, fose o suficientemente flexible como para poder incorporar no futuro novas funcionalidades a medida que as súas necesidades de presenza en internet fosen crecendo.

Con estes obxectivos en mente, o noso estudo de deseño web seleccionou o sistema de xestión de contidos Drupal como a mellor opción para crear este sitio web, pois a enorme flexibilidade e o gran conxunto de funcionalidades proporcionadas por este CMS permítennos cubrir as necesidades actuais de Alicce, permitindo ademais engadir no futuro todas as funcionalidades necesarias para cubrir practicamente calquera necesidade que poida xurdir.

A páxina web corporativa de Alicce utiliza Drupal como motor de xestión de contidos e utiliza un deseño baseado nunha plantilla, que foi adaptado polo noso equipo de deseño web á imaxe corporativa da empresa. Esta páxina web utiliza un deseño web responsive, é dicir, un deseño que se adapta ao dispositivo no que se se está visualizando, de modo que os diferentes elementos que a compoñen, reorganízanse e se redimensionan de forma dinámica para lograr a mellor visualización posible en función das dimensións e a resolución da pantalla do dispositivo desde o que se está accedendo.

Podes obter máis información sobre Alicce e ver a súa páxina web corporativa en funcionamento pulsando sobre a seguinte ligazón: Alicce - Formación para a mellora das relacións humanas

 


Contido Relacionado: