Creación da Identidade Visual dunha Páxina Web utilizando Plantillas de Pago

Ademais das plantillas gratuítas descritas no post anterior, existen plantillas de pago. A utilización das plantillas de pago permite, en xeral, lograr mellores resultados que mediante a utilización de plantillas gratuítas. Estas plantillas de pago proporcionan xeralmente deseños dunha calidade máis que aceptable a un prezo reducido.

As principais vantaxes das plantillas de pago son:

  • En xeral, permiten obter mellores resultados que os logrados utilizando plantillas gratuítas.
  • Permiten obter bos resultados por un custo inferior ao que teñen outras opcións que se comentarán a continuación.
  • Permiten minimizar ou eliminar totalmente o risco existente cas plantillas gratuítas de que un usuario recoñeza o aspecto visual da páxina web e perciba este feito como algo negativo que lle faga perder a súa confianza na devandita páxina web.

As principais desvantaxes das plantillas de pago, son:

  • Son máis caras que as plantillas gratuítas, e os resultados que permiten lograr, aínda que son mellores en xeral que os logrados cas plantillas gratuítas, son moi similares. De feito, é habitual que algunhas plantillas de pago sexan liberadas, pasando a converterse en plantillas gratuítas.
  • Do mesmo xeito que ocorre cas plantillas gratuítas, segue sendo necesaria un labor de adaptación realizada por un deseñador gráfico e/ou un programador para lograr bos resultados. Aínda que, en xeral, o traballo a realizar por deseñadores gráficos e/ou programadores para realizar esta adaptación, será menor.
  • Pouca flexibilidade: os elementos de deseño están predefinidos e veñen incluídos ca plantilla, só podemos modificar aspectos básicos como a cor, o logotipo, etc.
  • Pouca variedade: o número de plantillas entre as que podemos escoller está limitado.

Normalmente existen dúas modalidades de pago á hora de adquirir unha plantilla de pago:

  • Pago por utilización: permítenos utilizar a plantilla de pago, pero outros usuarios poden utilizar tamén a mesma plantilla. Deste xeito, redúcese o risco de que outras páxinas web utilicen a mesma plantillla, pois o prezo a pagar supón unha barreira para a súa utilización, pero, aínda que en menor medida, segue existindo ese risco.
  • Compra da plantilla: ao usar esta modalidade de pago, asegurámonos de que ninguén máis vai utilizar esa plantilla. Poida que alguén a usase antes se pagou pola súa utilización, pero escollendo unha plantilla pola que ninguén pagase anteriormente pola súa utilización, podemos eliminar completamente o risco de que outra páxina web teña o mesmo deseño visual.

Aínda que a opción de pagar pola utilización dunha plantilla parece un compromiso razoable entre custo e calidade se se desexa abaratar custos e non se desexa pagar unha opción máis cara, a opción de comprar unha plantilla parece desaconsexable pois as vantaxes obtidas respecto ao pago pola utilización da plantilla non xustifican a diferenza de prezo e, sobre todo, porque o custo da compra dunha plantilla resulta comparable ou mesmo superior ao prezo que é necesario pagar para optar por outras solucións que proporcionan mellores resultados.

Deseño Web: Exemplo de Páxina Web baseada nunha plantilla de pago

Figura 1: Exemplo de páxina web baseada nunha plantilla de pago.


Entradas Relacionadas:

Categorías: Divulgación