Páxina web corporativa de Tecpro Ingeniería Civil

Página web corporativa de Tecpro Ingeniería Civil

Tecpro é unha empresa de Enxeñaría Civil afincada en Vigo que leva ofrecendo servizos integrais de asistencia técnica no sector das Obras Públicas desde o ano 2007.

O novo sitio web corporativo de Tecpro, desenvolvido conxuntamente por karakana e o estudo de deseño adetres, está baseado no Sistema de Xestión de Contidos ou CMS Drupal. A utilización deste potente CMS permitiunos crear un sitio web dinámico e autoxestionable que, ademais, poderá crecer facilmente nun futuro para adaptarse ás novas necesidades da compañía.

Dada a proxección internacional da empresa, a páxina web corporativa de Tecpro foi desenvolvida en tres idiomas: inglés, español e portugués. Ademais, o sitio web inclúe un completo catálogo virtual dos traballos realizados por Tecpro, xunto cunha sección de noticias de actualización frecuente. Ámbalas seccións permitirán manter informados puntualmente aos seus clientes e usuarios, á vez que contribuirán a xerar contido de calidade que axude a mellorar o posicionamento en buscadores (SEO) do sitio web.