Deseño web
Novo sitio web corporativo de PROTEC Gestión de Activos S.A.
PROTEC Gestión de Activos S.A. é unha plataforma multidisciplinar que ofrece servizos de xestión de activos inmobiliarios a entidades financeiras e administracións públicas.
PROTEC conta cun equipo humano de máis de 150 profesionais cunha dilatada traxectoria e un extenso coñecemento do mercado inmobiliario (arquitectos, urbanistas, enxeñeiros, avogados, economistas, e expertos tasadores) distribuídos en 29 centros produtivos en España e Portugal.
Novo sitio web de Vigolap
Vigolap é un equipo cirúrxico especializado na cirurxía da obesidade que leva funcionando como sociedade desde o ano 2006.
En Karakana adaptamos o sitio web de Vigolap ás súas novas necesidades de presenza online. Para iso, decidimos conservar o deseño web orixinal, migrando o sitio web da plataforma WordPress a Drupal, e engadindo novas funcionalidades e servizos.
Páxina web corporativa de Tecpro Ingeniería Civil
Tecpro é unha empresa de Enxeñaría Civil afincada en Vigo que leva ofrecendo servizos integrais de asistencia técnica no sector das Obras Públicas desde o ano 2007.
Sitio web corporativo da Asociación Chísem
Chísem, asociación sen ánimo de lucro que desenvolve a súa actividade no ámbito da prevención e a intervención psicolóxica, xa forma parte da nosa lista de clientes.
Tenda online Froitas Xeitosiña
Froitas Xeitosiña é unha empresa de alimentación con máis de 20 anos de experiencia na comercialización de froitas e hortalizas frescas de calidade na cidade de Vigo.
Agora, e coa finalidade de ofrecer un mellor servizo aos seus clientes, Froitas Xeitosiña adéntrase nas novas tecnoloxías da man de karakana, estreando unha tenda online destinada á venda e repartición a domicilio de froitas, verduras e hortalizas frescas.